Monday 16 de September de 2024

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos que investirá 70.000 euros


O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns traballos que serán executados pola empresa Obras y Viales de Galicia SL.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, explica que os accesos “contarán cunha zona formigonada de 480 metros cadrados, así como unha cuneta formigonada de 205 metros, con recollida de augas pluviais. Ademais, melloraremos con tratamento asfáltico a pista de acceso”. A maiores, acometerase a limpeza de gabias e salvagabias e colocaranse tres sinais de Stop.